Colleita de cogomelos. Consellos útiles

O primeiro que debemos ter claro é que non todos os cogomelos son comestibles, algúns poden ser venenosos e outros mortais. Para coñecer as especies que podemos atopar nos montes de Galicia, podedes consultar a nosa entrada “Cogomelos comúns e onde atopalos

colleita de cogomelos en galicia


  • Hay que ter moito coidado, xa que a nosa actuación ao recolectar cogomelos na natureza pode ter repercusións se non se fai con cautela. Hai que evitar pisar e destruir outras especies e non deixar pegada da nosa estancia. 
  • Nunca se deben arrancar os cogomelos nin utilizar ferramentas para escarbar ou remover o chan xa que se dana a capa vexetal e con iso se estropean os micelios deixando as setas sen protección. Utilizar un coitelo ou navalla afilada e cortar cada unha das setas por a súa base. 

  colleita de cogomelos en galicia

  • Hai que respetar os exemplares pasados, rotos ou alterados por o seu valor de esparcimento da especie, asimesmo convén non cortar os de pequeno tamaño. Recoller só exemplares sanos, adultos e conocidos. Os cogumelos deben recolectarse durante o día, nunca durante a noite. 
  • Para a colleita e transporte dos cogumelos hai que utilizar unha cesta de mimbre que permita a aireación e, o máis importante, a caída ao exterior das esporas. Non utilizar nunca bolsas de plástico. Por outra parte, ao no transpirar ben os cogomelos estropeanse antes. 
colleita de cogomelos en galicia
  • O consumo dos cogumelos recolectados debe de ser rápido. Non é convinte que pase moito tempo entre a colleita e a  preparación. (Para isto podes visitar o noso apartado de recetas)
 
  • Non hai que dañar ou destrozar as setas que non se conozcan ou que non sexan comestibles, xa que todas desempeñan unha función ecolóxica importante. Pensade que hai demasiada xente paseando, buscando e arrancando por o monte en época de cogomelos, e que esto se non se fai de forma correcta pode ocasionar un dano irreparable. 
Por outra parte hai que recordar que non é verdade que todos os cogomelos que salgan no mesmo lugar sexan sempre comestibles. Nin que as setas que cambien de cor ao ser cortadas sexan venenosas. Algunhas setas mortais non cambian de cor e outras boas comestibles sí o fan. 
Tampouco é certo que só as setas venenosas oscurezcan os obxetos de plata, allos, cebolas, etc. Nin que as setas comidas por animales sexan comestibles. Hai que ter  coidado e recordar que ante a duda que teñamos das especies recolectadas, non hai que consumilas para evitar riscos innecesarios.
IMPORTANTE: Ante calqueira emerxencia débese chamar ao centro de saúde ou ao teléfono do 112 . Outra opción é chamar ao Instituto Nacional de Toxicoloxía, para unha información máis inmediata: 915620420.